Mañán 13 de decembro terá lugar un novo Obradoiro SmartPeme en Cambados. Desde as 19:00 horas en ExpoSalnés sobre a ferramenta Hootsuite
Este obradoiro ten como obxectivo dar a coñecer diversas ferramentas de xestión e monitorización para as diferentes redes sociais nas que teña presenza a empresa. Estas ferramentas permiten a optimización de recursos e fan máis sinxela e eficiente a execución do plan de redes sociaisda empresa.
Analizarase en profundidade a ferramenta Hootsuite, unha das más populares en la gestión unificada de varios perfiles de empresa, ademais de ferramentas específicas con particularidades para cada rede social.
Contidos:
• Introdución: Necesidade de ferramentas de xestión e as súas características
• Ferramenta de xestión unificada: Hootsuite
• Funcionalidades
• Comeza a utilizar Hootsuite coas túas redes sociais
Relator: José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.