Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de diciembre de 2016

ROUBAN 100 DE BERBERECHO DUN ESTUDIO SOBRE O PARÁSITO MARTEILIA










A Consellería do Mar condena o roubo de varios lotes de berberecho que foron producidos nas instalacións do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e que formaban parte dun proxecto de investigación deste centro relacionado coa resistencia ao parásito Marteilia cochillia. A Consellería lamenta este suceso, xa que afecta ao avance na investigación deste parasito.
Os lotes roubados, arredor de 1.000 individuos, estaban na fase final experimental de engorde nunha batea ubicada na ría de Arousa e a súa falta detectouse onte cando os técnicos do CIMA procedían a efectuar a mostraxe correspondente ao mes de decembro.
A Consellería lamenta este suceso que interrompe o desenvolvemento deste proxecto de investigación, o que supón unha perda de información de valor no eido da investigación relacionada coa resistencia do parasito Marteilia cochillia e ter que volver empezar coa fase de cultivo.
O proxecto de investigación, denominado Posta a punto das técnicas de cultivo en criadeiro das especies do xénero Cerastoderma de Galicia (berberecho ou croque e berberecho verde ou birollo), empezou a desenvolverse a finais do ano 2014 e ten unha duración de 27 meses. O seu obxectivo é a posta a punto das técnicas de cultivo en criadeiro destas dúas especies de berberecho, para, a curto ou medio prazo, poder iniciar programas de selección xenética contra e enfermidade causada polo parasito Marteilia cochillia.

A marteilia

A marteilia é un parasito que afecta aos moluscos bivalvos contribuíndo ao seu debilitamento, pero resulta absolutamente inocuo para o ser humano. A afectación ás poboacións de berberecho é obxecto dun intenso control do Intecmar e é amplamente estudado no CIMA. De feito, dende que apareceu este parasito no berberecho no ano 2012 o Intecmar redobrou as mostraxes e procesos analíticos nas poboacións de berberecho e o CIMA está a realizar estudos para analizar os aspectos relacionados coa súa transmisión entre moluscos bivalvos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.