Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2016

OUTRO "AMARELO" NO QUINTETO DA XORNADA NA LEB-PLATA







Esta semana tocoulle o turno a Brantley Osborne sustituindo a Charles no quinteto ideal da xornada da LEB-PRATA.

Predominio nacional nun quinteto ideal da xornada no que as boas actuacións dos seus protagonistas foron sinónimo de vitoria para a gran maioría deles. O primeiro en comprobalo foi un Javier Hernández (CB Tarragona) determinante no posto de base para liderar un quinteto no que irrompeu tras unha prórroga. Un papel fundamental que xogaron do mesmo xeito o escolta Carlos Gil (Hispagan Gandía) no triunfo dos seus en casa e o aleiro Brantley Osborne (Xuven Cambados) vital para a vitoria galega en terras manchegas.

Aínda que se hai un home que non podía faltas nun quinteto habitual para el ese é un Connor Beranek (Carrefour O Bulevar Ávila) que asinou o seu mellor encontro da tempada privando do MVP a todo un clásico do baloncesto nacional como o center Jesús Chagoyen (Olivas Fragata Morón).


Base: Javier Hernández (CB Tarragona) 29 val: 25 puntos (6/7 TL e 7/14 TC), 3 rebotes, 5 asistencias, 2 recuperacións e 6 faltas recibidas.

Escolta: Carlos Gil (Hispagan Gandía) 33 val: 18 puntos (7/9 TL e 5/6 TC), 6 rebotes, 4 asistencia, 4 recuperacións e 8 faltas recibidas.

Aleiro: Brantley Osborne (Xuven Cambados) 20 val: 17 puntos (7/10 TC), 3 rebotes, 2 asistencias, 1 recuperación e 1 falta recibida.

Á-Pivote: Connor Beranek (Carrefour O Bulevar Ávila) 41 val: 32 puntos (4/4 TL e 12/20 TC), 12 rebotes, 3 asistencias, 2 recuperacións e 3 faltas recibidas.

Pivote: Jesús Chagoyen (Olivas Fragata Morón) 34 val: 30 puntos (4/4 TL e 11/19 TC), 10 rebotes, 3 recuperacións e 4 faltas recibidas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.