Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de diciembre de 2016

NENOS DE CAMBADOS PRESENTAN "A SUA EMPRESA" NA DEPUTACIÓN












A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu onte no Pazo provincial e acompañada pola Deputada de Emprego, Montse Magallanes, ás arredor de 340 nenas e nenos de oito colexios públicos da provincia que están xa a participar no programa "DepoEmprende na Escola". Grazas a este proxecto de emprendemento, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria de nove escolas da provincia está a crear e a xestionar unha cooperativa na que fabricarán produtos que van vender ao remate do curso académico nun mercado ou unha feira da súa localidade. Estas 340 nenas e nenos viñeron dende Cambados (CEIP Antonio Magariños Pastoriza), Cangas (CEIP A Rúa), Pontevedra (CEIP Príncipe Felipe e CEIP Barcelos), Redondela (CEIP Laredo), Ribadumia (CEIP Xulia Becerra), Vigo (o CEIP Frián-Teis) e Vilaboa (CEIP Plurilingüe Riomaior). Tamén participan no programa rapazas e rapaces de Tui (do CEIP Plurilingüe nº 1) que non puideron asistir á xornada. As cooperativas destas rapazas e rapaces elaborarán produtos artesanais, elaborados con materiais reciclados, algúns deles animando tamén ás persoas consumidoras a coidar a natureza e empregar a lingua galega, ou produtos artesanais relacionados coa arte ou coa horticultura sostible que distribuirán en paquetes creados a partir de materiais reciclados.

A presidenta provincial asegurou sentirse "emocionada polo compromiso dos mestres e mestras de todos os centros, xa que a mestría é algo fundamental nunha sociedade que ten que formar á mocidade para que adquiran coñecementos pero tamén principios, valores, estratexias e capacidades que os e as permitan poderse desenvolver nun mundo tan complicado". Carmela Silva asegurou que "con este proxecto imos desenvolver habilidades nas nosas nenas e nenos para que poidan ter máis instrumentos e que sexan capaces de que esas ideas que teñen como nenos e nenas, pero máis adiante como persoas adultas, se poidan converter en proxectos reais que creen riqueza, que permitan distribuíla, e construír así sociedades máis xustas, con máis dereitos e valores".









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.