Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de diciembre de 2016

EXHIBICIÓN BENÉFICA DE TAEKWONDO A FAVOR DE AME












O vindeiro domingo día 18 de decembro, o Club Deportivo Vital Sport Cambados e o Ilmo. Concello de Ribadumia, organizan unha Gala-Exhibición de Taekwondo Benéfica a favor da Asociación GaliciAME (Asociación Atrofia Muscular Espinal), contando tamén coa colaboración do Ilmo. Concello de Cambados. 

A Asociación GaliciAME nace a principios do 2015 para apoiar a todos e cada un dos afectados por Atrofia Muscular (AME) en Galicia. GaliciAME tamén ofrece apoio e asesoramento a enfermos doutras comunidades, así como buscar e situar a afectados galegos e doutras comunidades e formar unha rede mediante a cal se comuniquen, e apoiar e orientar, tanto a afectados como a familiares ofrecendo a máxima información posible sobre a Atrofia Muscular Espinal, así como a recadación de fondos para a investigación e procura de posibles curas ou solucións á enfermidade, doando a totalidade do diñeiro que se recada para tal fin. 
Para o desenvolvemento da Gala-Exhibición, terase o privilexio de poder contar coa presenza do Presidente da Federación Galega de Taekwondo e de deportistas de talla nacional e internacional, como o son os dos Clubs Mace Sport de Pontevedra, Club Tao de Vigo, Club Yidam de Vigo, e tamén, a incorporación de última hora do co gran mestre Seung Han Shin Jang 7º Dan de Taekwondo, e presidente do Club Han's Horang-I de Betanzos.

Durante o transcurso da exhibición realizásense sorteos de produtos doados por empresas colaboradoras co evento, e todo o diñeiro que se recade, tanto das entradas como das rifas dos sorteos, serán entregadas íntegramente á Asociación GaliciAme.

O devandito, o domingo día 18 deste mes, esperánnos para colaborar e apoiar á Asociación GaliciAME, e en especial á súa presidenta Merchi Álvarez, afectada por esta enfermidade e que fué deportista e competidora de Taekwondo, practicamente ata o momento do diagnóstico desta.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.