Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de diciembre de 2016

CHEGA A CAMBADOS A MOSTRA "OLÍMPICOS DE PONTEVEDRA A RIO"


















Chega a Cambados a exposición homenaxe da Deputación aos deportistas Olímpicos da provincia En río 2016

A mostra será inaugurada este mércores e permanecerá aberta ata o día 18 na sede de Exposalnés
A sede de Exposalnés en Cambados acollerá dende este mércores, sete de decembro, a exposición da Deputación de Pontevedra coa que se quere render homenaxe aos deportistas olímpicos da provincia que participaron en Rio 2016.
A inauguración da exposición correrá a cargo da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal e da deputada provincial de Deportes, Chelo Besada as vinte horas na sede de Exposalnés (Paseo de A Calzada).
Esta é a segunda cidade da provincia, tras a de Tui, que acolle esta mostra itinerante que comezou no Pazo Provincial o pasado mes de outubro e que percorrerá diversas localidades da provincia. En Cambados permanecerá aberta ate o día 18 de decembro.

A exposición recolle o palmarés dos 16 deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia de Pontevedra, nuns paneis individuais, nos que pode comprobarse a súa traxectoria deportiva. Os 16 de "Rio 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.