Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de noviembre de 2016

NOVAS ACTIVIDADES NA OMIX DE CAMBADOS













Está aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades:

Reforzamos a Memoria
Os martes do 22 de novembro ao 
 20 de decembro de  10:30 a 12 h
Obradoiros de nadal
Os días 14 e 21 de decembro, de 10:30 a 12h
Risos en familia
Podo participar eu so@ ou en familia
26-27-28-29 de decembro de 10:30 a 13h
 2e 3 de xaneiro  de 10:30 a 13:30h


Información  e inscricións
Oficina Municipal de Información Xuvenil e voluntariado Centro “A Merced” – 1º piso.Tel.986542663
HORARIO: De 9:30  a 14:30 h de luns a venres

Tamén tendes na OMIX información sobre outras actividades.

·        Escolas de Segundas Oportunidades da Cruz Vermella.

O proxecto Escolas de Segundas Oportunidades de formación para a mocidade de garantía xuvenil ofrece opcións de formación para o emprego e retorno educativo, para permitir mellorar as posibilidades e as condicións de acceso ao mercado laboral.
Trátase dunha iniciativa de carácter comunitario que reforza capacidades para a aprendizaxe de mozas en dificultade, facendo especial fincapé no acompañamento para a obtención dunha titulación mínima (ESO) e a motivación vocacional cara a unha cualificación técnico-profesional futura.
As Escolas de Segunda Oportunidade son unha iniciativa de carácter comunitario onde se desenvolve un traballo en rede cos axentes da contorna que traballan con este colectivo e en especial cos Servizos Públicos de Emprego.
Requisitos: Mozos/as de 16 a 29 anos desocupados, que abandonaron ou estean a abandonar de forma precoz o proceso educativo e/ou non terminaron o ensino obrigatorio, e que estean inscritos e sexan beneficiarios do Sistema de Garantía Xuvenil.
Prezo: Gratuíto
Máis información
Teléfono: 902 222 292

·        Cursos gratuitos de informática a distancia.


A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia gratuitos de diferentes temáticas relacionadas coas TIC (alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social), e que están aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT.
Os cursos, dunhas 4-10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.
Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar obrigatoriamente de forma presencial nun aula CeMIT;  unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:
Control parental
Seguridade informática
Uso do libro electrónico
Uso da tableta
Uso da cámara dixital
Uso dos dispositivos electrónicos
O correcto aproveitamento dos smartphone
Cloud computing
Comercio electrónico
Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
Vendas no muro
Posicionamiento social
Creación de blogs
Redes sociais
Administración Electrónica 
Trámites económicos na Internet 
Factura electrónica 
Tramitación electrónica e xestión de documentación 
Seguridade en compras virtuais 
Innovación social
Máis información: Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Teléfono: 981 957 136
oficinacemit@xunta.es 
https://cemit.xunta.gal/



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.