Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de octubre de 2016

PRECISAN 500 VOLUNTARIOS PARA A GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2016











Uns 40 hipermercados e supermercados da Pontevedra cidade, así como das comarcas do Salnés e Deza  participarán nesta iniciativa solidaria que, de maneira simultánea, levará a cabo en centos de localidades españolas

O  obxectivo da ONG en Pontevedra e as súas comarcas máis próximas é igualar ou superar a cifra de 80.000 quilos de alimentos recolleitos durante a anterior edición da Gran Recollida Solidaria de 2015

Na actualidade, o almacén do Banco de Alimentos en Pontevedra reparte comida entre máis dunha trintena de colectivos sociais e Ong, a través dos cales, chega a unhas 4.000 persoas con dificultades na súa zona de actuación. En concreto, sumaranse unha decena máis de centros con respecto a 2015 en localidades como Pontevedra cidade, Sanxenxo, Marín, Arcade, Lalín e Vilagarcía.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo necesita para Pontevedra e comarcas máis próximas a uns 500 voluntarios para poder levar con éxito a Gran Recollida Solidaria (GRS2016), prevista os próximos 25 e 26 de novembro.

O chamamento foi realizado onte, en rolda de prensa, por parte do presidente a entidade, Pedro Pereira, quen estivo acompañado tamén do coordinador da campaña, Iván Martínez, e o responsable da delegación do Banco de Alimentos en Pontevedra, José Luis Doval. Os tres membros da ONG animaron aos pontevedreses para sumarse a esta experiencia solidaria para axudar ás persoas que peor o están pasando.

Para facerse voluntario do Banco de Alimentos, a persoa interesada ten que cubrir un formulario colgado na web (http://www.bancoalimentosvigo.org/hazte-voluntario/) ou tamén pode chamar ao 986 865301/629 222690. Precisamente, a ONG conta xa cun equipo de coordinación de Voluntariado que se encargará de ir asignando centro a cada persoa que queira colaborar nesta iniciativa altruísta.

O presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos indicou que, a pesar da melloría das grandes cifras macroeconómicas, "a fame segue aí" e, no caso da fundación, os quilos de comida entregados non só non diminuíron, senón que aumentaron.

GRS2016, un rostro máis que comprometido Un ano máis, o Banco de Alimentos de Vigo contará co seu embaixador/embaixadora particular para a GRS2016. Tras o impulso mediático que proporcionou á campaña anterior a actriz viguesa María Castro, agora a substitución será tomado por outro rostro máis que coñecido e comprometido con innumerables causas de xustiza social. Este

personaxe público será desvelado o vindeiro venres, 4 de novembro, durante unha visita que realizará á nave do Banco de Alimentos de Vigo e, xa pola tarde, trasladarase tamén ás instalacións do almacén de Faustino Santalices, en Pontevedra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.