Como vén sendo habitual por estas datas, xa se publicou o calendario laboral para 2017. É unha información que todo o mundo quere ter a man para coñecer cando caen as vacacións de cada ano vixente. Así, podemos saber xa Semana Santa, festivos e pontes, tanto no territorio nacional como en cada Comunidade Autónoma.
Neste caso, debullámosvos todas as oportunidades de descanso que se presentan para 2017.
De entre estes festivos incluídos no Calendario Laboral 2017, nove deles celebraranse de forma conxunta en toda España, segundo unha resolución da Dirección Xeral de Emprego publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Do mesmo xeito, atendendo ao Calendario Laboral 2017, ata 8 destes 12 días serán festivos nacionais "non sustituibles": 14 de abril (venres), 1 de maio (luns), 15 de agosto (martes), 12 de outubro (xoves), 1 de novembro (mércores), 6 de decembro (mércores), 8 de decembro (venres) e 25 de decembro (luns).
![]() |
| En azul festivos Galicia |
Hai outros catro festivos nacionais que as comunidades autónomas poden substituír: o 2 de xaneiro (luns despois de Ano Novo), que será festivo unicamente en Andalucía, Aragón, Asturias, Castela e León, Murcia e Melilla, e o 13 de abril (Xoves Santo), que será festa en todas as comunidades autónomas menos en Cataluña, rexión que optou por trasladalo ao 17 de abril (Luns de Pascua).
No calendario laboral de 2017 tamén teñen a consideración de festivo "sustituible" o luns 20 de marzo (día despois de San José) e o martes 25 de xullo (Festividade do Apostol Santiago). O 20 de marzo será festivo unicamente en Estremadura e Madrid e o 25 de xullo en Galicia, Navarra e País Vasco.
A todos estes días festivos, hai que sumar o día que cada comunidade autónoma establece como festa propia, e os dous días festivos locais de cada cidade. En total, como cada ano, hai 14 días non laborables en 2017.
Así, en 2017 volven engadirse festivos nacionais como o 1 de maio (Día do Traballo) e o 25 de decembro (Natividade do Señor), que non se recollían no calendario de festivos de 2016 porque caían en domingo.
Os días de festa nacional
-2 de xaneiro: Luns seguinte a Ano Novo (Andalucía, Aragón, Asturias, Castela e León, Murcia e Melilla)
-6 de xaneiro: Epifanía do Señor
-13 de abril: Xoves Santo (excepto en Cataluña)
-14 de abril: Venres Santo
-1 de maio: Festa do Traballo
-25 de xullo: Santiago Apóstolo (Galicia, Navarra e A Rioxa)
-15 de agosto: Asunción da Virxe
-12 de outubro: Festa Nacional de España
-1 de novembro: Día de todos Los Santos
-6 de decembro: Día da Constitución Española
-8 de decembro: Inmaculada Concepción
-25 de decembro: Natividade do Señor


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.