Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de septiembre de 2016

SAEN A LICITACIÓN AS OBRAS NO ASOREY













A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de ampliación do IES Francisco Asorey, de Cambados. O orzamento para esta actuación ascende a 924.376,91 euros. O anuncio pode consultarse no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160920/AnuncioG0164-150916-0001_gl.html .
O obxectivo da actuación é dar resposta ás necesidade de escolarización deste centro, concretamente no referido á formación profesional. Non en balde, as obras teñen como principal función acoller a FP Básica e mais a adaptación dos ciclos profesionais a 2000 horas. Así mesmo, levaranse a cabo distintas melloras nas instalacións existentes na totalidade do centro educativo.
A obra iniciarase co estudo estrutural da edificación e a demolición dunha parte da cuberta existente para proceder á construción de novos espazos destinados a aulas e espazos polivalentes. A ampliación, que se realizará no segundo andar da edificación actual, contempla a construción de 2 aulas polivalentes, 3 aulas taller e 2 aulas de desdobre, en total 7 novas aulas, ademais de aseos adaptados para o profesorado e almacén de limpeza, nun total de 656,90 m². Ademais, faranse as melloras necesarias para facilitar o acceso ao novo volume e para integralo no conxunto do edificio actual
A obras está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01. (expediente ED 31/16-O).






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.