Campaña LIBRE: cursos de condución segura
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco, dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.
Destinatarios:
Mozos e mozas entre 18 a 30 anos, imprescindible que saiban conducir.
Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de homologación da DGT.
Lugar de realización:
Os cursos impartiranse nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial de Teixeiro
15310 Teixeiro - Curtis (A Coruña).
Datas de realización:
Inscricións:
Número de prazas máximo de 15 por día.
Número de prazas mínimo por día: 8
A inscrición será mediante envío de correo electrónico a partir do 16 de setembro de 2016.
Selección:
A selección dos/as participantes realizarase por rigoroso orde de inscrición ata cubrir a totalidade de prazas por día.
A confirmación da obtención de praza realizarase por correo electrónico. No caso de que o/a solicitante non reciba un correo de confirmación de praza con anterioridade das 13:00 horas do día anterior de data solicitada para a realización do curso, considerase que non obtivo praza.
Programa, normas e horario de desenvolvemento da actividade:
O curso desenvolve unha parte teórica de clases teóricas e técnicas de condución e aula virtual para a concienciación e socialización e clases prácticas con manexo de vehículo tipo turismo.
Horario:
08:55 h Recepción de participantes e entrega de documentación.
09.00 h Clase práctica: simulador de superficies esvaradías.
10.00 h Clase teórica.
12.00 h Clase práctica: Freada con ABS.
12:45 h Clase práctica: Freada con avaría.
13:30 h Clase práctica: Slálom.
14:30 h Clase práctica: Círculo de Kann.
15:30 h Aula técnica
15:45 h Fin da xornada
Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán, a cada participante, o DNI ou documento acreditativo semellante.
Cobertura
O curso é gratuíto.
O transporte ata o lugar de realización do curso e a manutención correrá a cargo do/a participante.
Recomendación
Levar calzado axeitado e roupa de abrigo.
Para máis información:
Teléfonos: 981 54 58 22 e 981 545 937
FERRAMENTAS LUDICOEDUCATIVAS PARA O TRABALLO CON MENORES
Mozas e mozos de entre 17 e 30 anos, con dispoñibilidade horaria de tarde e interesadas/os en realizar actividad voluntaria dentro do programa de Centros de Mediación social e Promoción do Éxito Escolar para menores con dificultades sociais.
É imprescindible ter superada a entrevista de acollida de voluntariado.
DATAS E HORARIO
Luns 26, Martes 27 e Mércores 28
De 16:00 h a 20:00 h
LUGAR DE
IMPARTICIÓN
Sede de Cruz Vermella en Pontevedra
R/ Cruz Vermella nº26, 36002 Pontevedra
DATA LÍMITE
MATRICULACIÓN
23 Setembro
Pre inscripción online :
https://www.cruzroja.es/webCre/formacion/infCurso.php? cod=311562
PARA MÁIS
INFORMACIÓN
Asamblea Comarcal de Pontevedra
R/ Cruz Vermella 26
36002 Pontevedra
Tlf: 986 852115 ext. 61433-61434
Asamblea Comarcal de O Salnés
Pr da Constitución,3
Vilagarcía de Arousa 36600
Telf: 986 512244
Asamblea Local de A Estrada
Pr da Constitución,3 Avda de Vigo,3 baixo
36680 A Estrada
Telf: 986 512244 Telf: 986 571057
A Estrada
Obxectivo:
Formar un equipo de voluntarias/os coas ferramentas básicas para poder afrontar os
talleres de Mediación Social e Éxito escolar.
Contidos do curso:
-Infancia en dificultade social
-O xogo
-O xoguete
-Outros recursos lúdicos
-Habilidades de intervención
-Planificación das sesións
Criterios de avaliación: Asistencia ao 80% da formación
Criterios de Anulación: Cruz Vermella resérvase o dereito de anulación da formación no caso de non completar o mínimo de persoas inscritas co perfil adecuado para a realización da mesma.
Máis info-
Cristina Sánchez
OMIX - Concello de Cambados
La Merced- 1º piso
Tel. 986542663 // 673533331
Fax: 886090492
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.