Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de septiembre de 2016

O XOVES REMATA O PLAZO PARA SOLICITAR O VOTO POR CORREO












O prazo para solicitar o voto por correo para as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o 25 de setembro, rematará este xoves, 15 de setembro. 

A modalidade de voto por correo está dirixida para aqueles electores que na data da votación teñan prevista a súa ausencia da localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito ao voto. Á súa vez tamén pode votar por correo quen, por enfermidade ou incapacidade física, non puidesen presentarse no lugar da votación.

A solicitude débese formular persoalmente polas electoras ou electores interesados, que deberán cumprimentar e asinar o impreso de solicitude do voto por correo que se atopa en todas as oficinas de Correos de España. O formulario online está dispoñible para poder descargar, cubrir e entregalo en calquera Oficina de Correos.
A Delegación da Oficina do Censo Electoral correspondente enviará por correo certificado, entre os días 5 ao 18 de setembro, ao domicilio indicado na solicitude do voto por correo a documentación necesaria para exercer o voto. Unha vez recollida persoalmente esta documentación, o elector deberá remitir sobre coa documentación por correo certificado ata o 21 de setembro. Este sobre non necesita franqueo. Trátase dun procedemento totalmente gratuíto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.