O 42,48 por cento dos electores chamados hoxe ás urnas tiñan exercido o seu dereito a voto ás 17 horas. Nas eleccións de 2012 a participación á mesma hora era practicamente igual, acadando o 42,49 por cento. Está prevista unha nova comparecencia cando o escrutinio estea avanzado, a partir das 21,30 horas, para dar conta xa dos resultados provisionais, que se poderán seguir en tempo real na páxinahttp://resultados2016.xunta.gal.
Por provincias, a participación na Coruña é do 42 por cento (41,13 en 2012); en Lugo do 42,71 por cento (43,27 en 2012); en Ourense do 44,47 por cento (46,10 en 2012); e do 42,30 por cento en Pontevedra (49,5 en 2012).
A totalidade das 3.977 mesas electorais repartidas polos 2.463 colexios electorais de Galicia atopábanse constituídas ás 10 horas e non se produciron incidencias de relevancia na apertura dos colexios electorais.

En total, o censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego elévase a 2.701.848 persoas, dos cales 446.269 están inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes. Para a recollida da información habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.716 representantes da administración, que por primeira vez nas eleccións galegas contarán cada un cunha tableta para a transmisión de datos da votación.
A información está sendo procesada nos dous centros de recollida de datos habilitados, un na Cidade da Cultura e outro no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago. Nesta última ubicación tamén se sitúa o centro de prensa desde o que o secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo, ofrece aos medios de comunicación os datos máis relevantes da xornada electoral.
Todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web http://resultados2016.xunta.gal, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos, así como datos de participación segundo se vaian recibindo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.