Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2016

AS OBRAS DO PROXECTO DE PROMOCIÓN AO EMPRENDEMENTO COA CREACIÓN DUN VIVEIRO INDUSTRIAL NA NAVE LOXISTICA DE SETE PIAS DARAN COMEZO A VINDEIRA SEMANA











- As obras teñen un custe de 74.953,06 € e darán comezo a vindeira semana unha vez se asine a acta de comprobación de replánteo, cun prazo de execución de 23 días, tendo que estar rematadas as obras antes do 15 de novembro. - Permitira a construción do primeiro Viveiro Industrial para Emprendedores de xestión municipal na Comarca do Salnés, que xunto co Centro de Desenvolvemento Local supón un pulo importante pola aposta nos Emprendedores e a promoción económica en Cambados. - O Concello de Cambados abre o prazo para a presentación de solicitudes dos catro locais do Viveiro Industrial e a zona de CoWorking para emprendemento comercial no Centro de Desenvolvemento Local.
O titular da Concellaría de Economía, Facenda, Industria, Promoción Económica e Comercio de Cambados, Xurxo Charlín xunto co Arquitecto Técnico municipal e responsables da empresa adxudicataria entre as 12 empresas que se presentaron ao concurso de licitación das obras de acondicionamento do Viveiro Industrial, a mercantil Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L., estiveron no día de onte visitando a Nave Loxística do Polígono onde se van realizar as obras do Viveiro Industrial para Emprendedores, e que terá un custe de 74.953,06 €, tendo previsto o comezo das obras a vindeira semana cun prazo de execución das mesmas de 23 días, tendo que estar xustificada a finalización das mesmas antes do vindeiro 15 de Novembro ante a Consellería de Economía e Industria.
Creación de catro locais para Viveiros Industriais
As obras a realizar van ser a construción dunha rampa de acceso o terreo elevado por onde disporán de acceso as futuras naves. Posteriormente realizarase as obras de urbanización precisas para dotar de acceso as futuras naves de acceso rodado e servizo de auga, sumidoiros, electricidade e auga. A continuación efectuaranse as divisións previas da nave, abrirase o acceso a cada unha delas, dotándoas dun portalón e porta peonil, así como do resto de servizos e acometidas. Para rematar dotarase a zona de oficinas de mobiliario suficiente para poder instalar nelas zonas administrativas que cada caso requiran esas naves. Estas obras van permitir a construción do primeiro Viveiro Industrial da comarca do Salnés de xestión municipal dentro da Nave Loxística, nunha nave municipal de 1.534 metros cadrados.
Ábrese o prazo para a recepción de solicitudes dos locais do Viveiro Industrial
Aqueles emprendedores que están interesados en ocupar unha destas naves do Viveiro Industrial poden presentar a súa solicitude no Concello de Cambados, tratase de 4 micronaves para un perfil de persoas emprendedoras que comezan coa súa actividade; válenos absolutamente calquera sector e calquera franxa de idade para que poida ser un xerador de emprego. Para consolidarse terán dous anos, o prazo máximo que marcan as bases do proxecto, e ademais do espazo que terán na nave que se lles asignará, tamén contarán coa posibilidade de utilizar servizos comúns como despachos, sala de reunións, e ata, un lugar de asesoramento en caso de ser preciso. Neste Viveiro Industrial de Cambados vanse acondicionar catro locais que oscilarán entre os 332,80 e os 499,20 metros cadrados e cuxo prezo de aluguer estará entre os 349,44 € e os 524,16 € o mes, co fin de facilitar aos emprendedores a posibilidade de iniciar a súa actividade e poder introducirse no mercado elixido.
Novos espazos de CoWorking para o emprendemento comercial no CDL. Dende a Concellería de Economía, Facenda, Industria, Promoción Económica e Comercio, que dirixe Xurxo Charlín, entendemos que o emprendemento é o motor do desenvolvemento e a colaboración a enerxía que o move, polo que consideramos preciso impulsar novas zonas de Coworking empresarial, e con tal motivo estase a traballar na creación dunha aceleradora de negocios comerciais no rural, sustentada en espazos de traballo inspiradores e comunidades de persoas apaixonadas polo que fan. Estes novos espazos de CoWorking forman parte da aposta decidida no Concello de Cambados á hora de fomentar o emprego e crear espazos que favorezan o emprendemento, neste caso, relacionado có sector comercio, favorecendo zonas de Coworking no Centro de Desenvolvemento Local, con asesoramento aos comerciantes locais e aos futuros emprendedores, apoiando a súa formación específica e clarexando ás dúbidas que se lles plantexan á hora de iniciarse na actividade, de modernizar ou aplicar ás Tic´s para mellorar e potenciar a venta dos produtos locais. Este nova zona de CoWorking para emprendedores de Comercio no Rural ten un custe de cesión de uso para os usuarios de 36,40€/mes, para aqueles novos emprendedores dispoñan dun local onde traballar dentro do CDL cun prezo reducido. As persoas interesadas en optar a un espazo dentro do CoWorking para emprendemento comercial do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados poden presentar a solicitude no Concello de Cambados.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.