Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2016

4 MÚSICOS GALEGOS NOS NOVOS IMMACULATE FOOLS














Hai algúns meses contámosvos a nova vida en Galicia do líder do grupo británico Immaculate Fools. A pasada noite, en Cambados, onde reside, estreou a nova formación da banda, na que hai catro músicos galegos.

O baixista Paco Charlín, a guitarrista Laura Solla, a batería Naima Acuña e o teclista Álex Salgueiro incorporáronse nas últimas semanas ao proxecto que encabeza Kevin Weatherill, autor dun bo número de éxitos nas décadas dos oitenta e os noventa. Immaculate Fools e o seu líder mantiveron sempre unha estreita relación coa nosa terra, que agora se materializa nestas novas fichaxes.


No concerto tamén colaborou o cambadés Isi Vaamonde poñendo voz a un tema.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.