Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2016

CAE UNHA ÁRBORE NO PARQUE DE SAN TOMÉ







O forte vento do norte que sopra estes días na ría de Arousa está a axudar que os lumes nos nosos montes se propaguen con moita facilidade e causando sustos nos veciños da comarca. O pesqueiro afundido esta madrugada e pola tarde a caída dunha árbore en San Tomé, concretamente no parque infantil. A punto estivo de provocar unha desgraza na zina da alameda de San Tomé (Cambados). A árbore estaba seca e non aguantou a nortada. A árbore caeu sobre un coche aparcado e non houbo que lamentar feridos. Tamén produxo danos no tendido eléctrico, pero nada importantes.


Xurxo Charlín, portavoz municipal  anunciou que se vai a proceder a talar outra árbore seca que hai neste lugar para evitar sustos nesa zona tan concurrida.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.