Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2016

PIRAGUISMO CAMBADOS GAÑA A 3ª COPA SIPRE









A vitoria na categoría feminina foi para o Club Kaiak de Mar Ría de Muros-Noia, pola contra o Rïa de Aldán gañou na categoría masculina.

Na praia da Madalena no concello de Cabanas tiña lugar a última proba da liga galega de kaiak de mar e da III Copa Sipre de kaiak de mar, na que se reuniron vinte e catro clubs de Galicia e Asturias. Ademais a competición era campionato galego da especialidade.

O Club de Mar Ría de Aldán facíase co triunfo na xeral da proba  ao sumar 273 puntos, por diante do Club Piragüismo Cambados que sumou 261 puntos, a terceira posición levoulla o Club Piragüismo Olívico con 210 puntos.

Con estes resultados a clasificación xeral da III Copa Sipre queda encabezada polo Club de Mar Ría de Aldán con 246 puntos, por diante do Club Piragüismo Cambados e o Club Piragüismo Olívico que suman respectivamente 244 e 230 puntos.

Polo que respecta á clasificación xeral masculina, a vitoria final na liga lévalla o Club Piragüismo Cambados con 246 puntos, sendo o vencedor en mulleres o Club Breogán do Grove con 239 puntos.

A nivel individual a vitoria en K1 senior sprinter foi para Artur Pereira do Club Náutico Fao, seguido por Jesús Rodríguez do Piragüismo O Barco e de Adrián Carpente do Náutico Cambre, María Alonso do Piragüismo Olívico foi a primeira en muller senior sprinter.

Ademais pola mañá celebráronse o campionato galego da categoría infantil e o campionato galego individual sprint. O Club As Torres levou a vitoria na xeral de infantís por diante  do Ría de Aldán e o Breogán do Grove.

O vencedor individual na proba de velocidade masculina foi Artur Pereira do Náutico Fao e o triunfo en mulleres levouno  Carmela Menduiña do Ría de Aldán.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.