Rara vez adoito coincidir cos membros de “Asi es Cambados” pero, nesta ocasión, non podo estar mais da cordo: Xurxo Charlín Trigo debería dimitir.
Xurxo Ch. Trigo debería dimitir porque mentres está adicando tódolos seus esforzos a sacar a luz os “chanchullos” que fixeron no Concello de Cambados Aragunde e os seus secuaces, está deixando de lado a súa empresa, o seu negocio polo que tanto estudou e que, en definitiva, é como se gaña a vida.
Xurxo Ch. Trigo debería dimitir porque mentres dedica horas e horas ao Concello está a deixar de lado á súa familia: à súa muller e, sobre todo, os mellores momentos para ver crecer á súa filla.
Xurxo Ch. Trigo debería dimitir porque mentres siga no Concello, compaxinando a súa tarefa como conselleiro de economía e facenda coa de voceiro (e quen sabe que mais funcións leva a cabo) amosa que as anteriores corporacións peperas ríronse dos cambadeses ao gastarse mais de 45.000 euros anuais mantendo a un tipo como xefe de prensa, cargo que, dende logo, aparte de ser inútil era mais que prescindible.

Ademais aínda que Xurxo se tivera equivocado, cousa que, repetimos, non se produciu ¿Por qué carallo tería que dimitir Xurxo do seu cargo de conselleiro si no colexio electoral o dia 26 de xuño estaba en calidade de interventor (ou apoderado) dun partido político? Postos a pedirlle responsabilidades, os pobres “tontolabas” de AEC tamén poderían esixirlle que se divorciara da súa muller ou que o botaran da comunidade de veciños do seu edificio.

Por último non quero esquecerme de Doña Pilar Galiñanes Domínguez, a “boa samaritana” que no video sae axudando à muller que descoñece o dia da semana no que se atopa. …… deixeme decirlle, Doña Pilar que, aparte de felicitala por tal xesto tan “altruista” que, quizais, vostede xa non necesite de tales actos para alcanzar as portas do ceo; non teño a menor dúbida de que cando Deus Todopoderoso a chame ao seu carón (cousa que, por outro lado,desexo que sexa dentro de moito tempo), vostede terá a santidade mais que de sobra garantida , aínda que sexa, soamente, por levar aturando tanto tempo a quen un dia a uniu o sagrado sacramento do matrimonio.
UN SAUDO A TODOS
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.