Cambados gozará hoxe un unha velada máis a cargo da adega Martín Códax. As voces de Soledad Giménez e Teo Cardalda poñerán fin aos concertos do mes de xullo de «Os Xoves de Códax». Trátase dun dos concertos máis esperados deste ciclo, para o que se esgotaron as entradas en menos dunha semana desde a súa posta á venda.
Os beneficios obtidos mediante as entradas, nesta ocasión, serán destinados a Cogami, a federación de asociacións de persoas con discapacidade cuxa misión é conseguir a súa plena inclusión en todos os ámbitos da nosa sociedade.
A terraza de Códax volverá ser o escenario para unha das voces máis elegantes e inconfundibles da música española, e dunha das referencias indiscutibles do pop que Galicia exportou, sobre todo, nos oitenta e noventa. Soledad Giménez e Teo Cardalda, dúas institucións do pop español sobre o escenario, acompañados polo habitual pianista da cantante, Iván Melón Lewis, nun concerto cheo de sorpresas e que, por suposto, tratará de recuperar tamén grandes momentos das carreiras de cada un destes dous grandes da música popular española, que xa colaboraron no último disco que o músico vigués publicou en 2010.Un ambiente iniguable, boa música e moito albariño. Todo iso a beiras da Ría de Arousa nunha situación privilexiada que regala uns atardeceres inigualables. As entradas do concerto xa están esgotadas e desde a organización queren lembrar que a Adega non permite a entrada a menores de idade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.