Sobre as estúpidas insinuacións que está a facer o PP de Pontevedra e por extensión ao post das páxinas rancias afíns ao Partido Popular de Cambados

Pois non. Como a tanta outra xente, a min a militancia e os cargos orgánicos que ostento no BNG (ningún deles remunerado) cóstanme cartos, de modo directo: cota de afiliado (ordinarias e extras), rifas e loterías, milleiros de km en desprazamentos, teléfono, substitucións no traballo para poder asistir a reunións… Todo iso sae do meu peto, dos meus ingresos como educador ambiental profesional dende hai máis de 15 anos.
Si, 15 anos, traballando entre outros para concellos e administracións xestionadas por todas as cores políticas. E sí, incluíndo a Xunta e Concellos do PP, coma os de calquera outra cor. Entre a miña nómina de clientes inclúense, entre outros, a Xunta de Fraga e Feijóo, o Concello de Sanxenxo nas épocas de Telmo e Catalina, e o de Meaño na de Jorge (D.E.P. ). Con estas tres últimas persoas coincidín en órganos de participación (representando ao ecoloxismo), defendendo posicionamentos contrarios aos seus, sen recibir por iso unha persecución no ámbito profesional, ou polo menos sen notala. Nisto, como noutras cousas, o equipo de Jacobo Moreira marca o seu listón, á altura das cloacas.

Sei que para moita xente do PP as palabras “honestidade” e “profesionalidade” non significan nada. Mesmo pensan que co acoso persoal e as falsidades van facer recuar aos seus adversarios. Pinchan en óso. Ataques rastreiros coma este amosan que imos na dirección correcta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.