Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
2 de julio de 2016
MÁIS ENTIDADES BENEFICIADAS NAS SUBVENCIÓNS AO DEPORTE DA BASE DA DEPUTACIÓN
Máis de medio cento de entidades da provincia recibirán unha partida de 600.000 euros en axudas para o fomento ao deporte federado da provincia. En total, un 8% máis de clubs, entidades e asociacións percibirán axudas da Deputación para disciplinas como o fútbol, loita olímpica, natación, ciclismo, ximnasia, esquí acuático ou patinaxe, entre outras moitas.
Por comarcas, o deporte base vai recibir en Arousa 58.994 euros en máis de media centena de entidades. Na comarca de Terra de Montes 23 entidades repártense un total de 27.333 euros. No Deza, unhas 28 entidades recibirán 27.189 euros. No Baixo-Miño e Val Miñor as axudas ascenden a 87.370 e repártense entre unhas setenta entidades. Na cidade de Vigo, cento corenta asociacións recibirán 150.425 euros. Na cidade de Pontevedra son 45 entidades as que perciben 48.704 euros. Na comarca de Pontevedra, vinte entidades perciben 18.154 euros. No Morrazo, corenta e tres entidades recibirán 47.577 euros. Na comarca do Ulla-Umia, vinte entidades reciben 18.753. Na comarca de Vigo, trinta e nove entidades repártense un total de 48.529 euros. E, por último, na comarca do Condado-Paradanta trinta e sete entidades perciben 41.810 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.