Mentras o Centro de Día de Cambados conta con so 13 euros de presuposto para o 2016 a Xunta de Galicia concede 50.000 € para un centro das mesmas características na Arxentina. Claro os votos de Cambados xa os ten pero os dos Arxentinos hai que conquistalos.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o responsable da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinaron hoxe un convenio de colaboración co “Hogar Gallego para Ancianos” de Domselaar -na provincia de Bos Aires- entidade que ten entre as súas actividades primordiais a prestación de atención social aos emigrantes galegos e aos seus descendentes residentes en Arxentina, en especial na súa capital e municipalidades limítrofes. O importe total do acordo ascende a 50.000 euros, dos cales Política Social achega 20.000 e a Secretaría Xeral de Emigración os 30.000 restantes.
O obxectivo deste protocolo de colaboración é contribuír á atención das necesidades socio asistenciais básicas das persoas de orixe galego e os seus descendentes ata o segundo grao, con nacionalidade española e residentes na República Arxentina, e que por razóns de idade, estado físico e situación de carencia residan neste centro. Así, en virtude deste convenio, o Hogar Gallego de Ancianos comprométese a proporcionar aos residentes galegos nas súas instalacións prestacións de atención residencial, realizar actuacións en prevención sanitaria e proporcionar medicamentos e outro material xeriátrico en caso de necesidade.
Na súa intervención, Rey Varela sinalou que “o benestar dos galegos que están vivindo no exterior sempre é unha preocupación para o Goberno de Galicia”. Neste sentido, lembrou que no XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas que tivo lugar os días 26 e 27 de maio na Habana (Cuba) debateuse, entre outros asuntos, sobre sobre políticas sociais e asistenciais, e se determinou a necesidade de continuar promovendo, potenciar e reforzar a concesión de axudas para os centros que atenden e prestan apoio ao colectivo de emigrantes.
Coas políticas da Xunta os nosos maiores terám que "emigrar" para recibir as atencións que aquí se lles negan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.