O sábado 2 de Xullo terá lugar na parroquia de San Adrián de Vilariño en Cambados, unha nova edición da Festa do Xurel e Xuventude.
Os actos da festa comezarán ás 09.30 horas coa saída da Quedada BTT, cuxo percorrido será de aproximadamente de 30 quilómetros. Ás 12.30 horas comezanse o reparto gratuíto de xurelos con pan, e a exhibición de Zumba Kids e Body Jump.
Pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar unha exhibición de coches 4x4 no polígono industrial de Sete Pías, e chegada a noite, ás 22.30 horas, o dúo Carrusel e a discoteca móbil Next Level animarán a velada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.