O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, o CPAE 2.0, desenvolverá ao longo deste mes de xuño 36 obradoiros dentro da súa programación de eventos informativos sobre as TIC. Este proxecto, un servizo de asesoramento TIC para as empresas, está composto por unha rede de seis centros situados en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño. O CPAE 2.0 ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación, facilitar a implantación do comercio electrónico e impulsar a venda en liña.

Máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.