Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2016

A CAMBADESA MAR VILANOVA E A XUNTA COLABORARÁN PARA COÑECER O PATRIMONIO VINÍCOLA DE GALICIA









Mar Vilanova de la Torre é unha cambadesa que leva máis de 20 anos traballando na caracterización aromática do viño en diferentes centros nacionais e internacionais
Recibiu o premio ao mellor traballo de investigación do Congreso Nacional de Enólogos celebrado en Mérida


A Consellería de Medio Rural está a colaborar coa enóloga cambadesa Mar Vilanova na difusión da súas investigacións acerca da calidade das distintas variantes de viño galego co fin de mellorar o coñecemento da produción vinícola da nosa comunidade. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias reuniuse esta semana con esta experta e técnicos da Consellería para avanzar nesta cooperación.
A doutora Mar Vilanova de la Torre é unha experimentada enóloga que traballou en centros nacionais e internacionais de Francia, Australia, Portugal e Italia. Conta con máis de 90 artículos científico-técnicos publicados.
En maio de 2016 foi premiada co mellor traballo de investigación no Congreso Nacional de Enólogos. O traballo que acadou esta distinción titúlase ‘Estratexias vinícolas fronte ao cambio climático: Influencia no aroma da uva’. Un estudo plurivarietal en diferentes zonas vitícolas españolas.
Desde hai doce anos desenvolve os seus traballos de investigación na Misión Biolóxica de Galicia - CSIC. Estes traballos están dirixidos ao estudo das calidades das variedades de vide, centrándose no potencial aromático das variedades procedentes de Galicia.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.