Gonzalo Arca estará coa súa SummerTour na Praza Alfredo Brañas de Cambados. Nesta xira acústica o artista arousán mostra o seu traballo "Alone At The Crossroad" acompañado dos seus mellores versión do rock. Neste evento participan Pizzeria Italia Cambados, Cafeteria Pub Brothers, Baloca Cambados, A Leira e a Concelleria de Cultura do Concello de Cambados.
O músico arousán Gonzalo Arca inicia a súa xira por Galicia na que presentará 'Alone At The Crossroad', o seu último traballo discográfico. Coa súa guitarra e a súa voz tamén ofrecerá ás súas seguidores versións de clásicos do rock nunha xira por espazos íntimos e con estilo estival.
O artista quere conectar co seu público nestes concertos e ofrecer a súa música dunha forma diferente. O seu primeiro recital dentro desta xira que leva por título #SummerTour vai desenvolverse este venres en Ourense.
Nas Rías Baixas ofrecerá estes concertos, o 8 de xullo na Praza de Alfredo Brañas en Cambados, o 15 do mesmo mes subirase ao escenario do Pequeño Karma en Pontevedra e o 13 de agosto, o músico trasladárase a La Mamounia no Grove.
O cambadés JOSÉ A. VILAS acompaña a Gonzalo así como JOSÉ “NIÑO” BRUNO, DAVID OUTUMURO, PONY JOÂO MACHADO, IAGO LORENZO e ANTONIO CASADO “EL ABUELO”
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.