Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2016

UNHA ALUMNA DO I.E.S. ASOREY GAÑA UN PREMIO NACIONAL










O blogue, albatecuenta.blogspot.com.es, dunha alumna do cambadés IES Francisco Asorey, Alba Sánchez Barco, foi recoñecido co 1º premio da edición española do concurso de blogues  ¿Qué estás leyendo?, convocado pola Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura e a Fundación SM.

Ter entre 15 e 17 anos e ser alumno dun Instituto de Ensino. Ese, era o principal requisito para participar no concurso ¿Qué estás leyendo?

En que consiste?

Os participantes debían crear un blogue ou utilizar algún que xa tivesen, onde puideran contar a súa experiencia como lector.

O blogue pódese facer individualmente ou en grupo.

No blogue tiñan que falar das súas lecturas pero tamén podían poñelas en relación con outros moitos temas que lles interesen, como o cinema, o videoxogo, o teatro, a música, a fotografía, o deseño gráfico, a pintura...
O blogue pode estar escrito en calquera das linguas de cada país.
O concurso convocaba tamén aos profesores a estimular aos seus alumnos para participar desde calquera ámbito do ensino: Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Lingua e Literatura, Matemáticas, Música, Artes, Educación Física, a estimular e apoiar aos seus alumnos para participar.

Cal é o premio?

O blogue gañador de cada un dos países obterá, como premio, unha Tablet.

Ademais, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo (dixital) da súa pertenza á rede Questasleyendo.org.



Ademais, a organización concedeu 4 mencións especiais, unha delas a Inés Rodríguez Chas, do IES María Casares (Oleiros, A Coruña), polo blog ‘Casi un millón de historias’ (http://casiunmillondehistorias.blogspot.com.es/ ).
Na entrega de premios tamén participaron o delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís; o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Áres; Ana Ruth Arnosa, titora do IES Francisco Asorey e a directora do centro, Mª Luísa Prieto Cendán; o coordinador de programas da Fundación SM, José María González Ochoa; Belén de la Torre González, técnico de Programas Educativos da OEI; así como o concelleiro de Educación de Cambados, Víctor Caamaño,




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.