Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de mayo de 2016

PROGRAMA DE ACOLLIDA DA CRUZ VERMELLA: EN FAMILIA, POR DEREITO








A Cruz Vermella desenvolve o Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, e precisa dar a coñecer a medida de acollementos en familia allea, porque hai nenas e nenos que por diversas problemáticas dos seus pais necesitan un fogar temporal e son necesarias persoas dispostas a proporcionarllo, mentres de solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.
Actualmente está en marcha a Campaña de Acollemento Familiar: En familia, por dereito coa que queren dar a coñecer esta realidade e piden colaboración para poder facer chegar esta mensaxe a máis persoas e que coñezan a posibilidade de ser familia acolledora.
O Concello de Cambados, a través da concellería de Servizos Sociais, anima ás familias a participar neste programa, para o cal poden solicitar toda a información necesaria dirixíndose a dita concellería, ou visitando a páxina web  www.acollementofamiliar.org











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.