Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de mayo de 2016

OS BOLECHAS ESTE SÁBADO EN CAMBADOS








Os Bolechas volven a FalaRedes para animar a cativada de 4 a 8 anos a expresarse en galego nun espectáculo participativo en que o público ten moito que dicir.

En efecto, os rapazas e rapazas asistentes deberán axudar os cinco irmáns máis famosos de Galicia a venceren o seu antagonista Romualdo e deste xeito conseguiren o seu pase ás Olimpíadas de Río 2016. 
Todos preparados? 

A actividade terá continuidade a través das novas tecnoloxías, cun web interactivo e app para dispositivos móbiles. 

Os Bolechas van ás Olimpíadas chegará nos meses de maio, xuño e xullo a 31 localidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boqueixón, Carral, Dodro, Fene, Fisterra, A Laracha, Melide, Noia, Oleiros, Outes, Vedra, Monterroso, Viveiro, Celanova, O Pereiro de Aguiar, A Rúa, Verín, Viana do Bolo, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Cotobade, Cuntis, Forcarei, Moaña, Mondariz-Balneario, O Porriño, Redondela, Silleda, Tui e Gondomar.


En Cambados  no Auditorio da Xuventude ás 19:00 horas, o vindeiro sábado 21.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.