Este ano ao igual que o anterior haberá a XORNADA CADROS CONTRA AME, coa que se pretende recaudar fondos para a loita contra esta enfermidade a Atrofia Muscular Espiñal.
O 21 de Maio a partires das 11 da mañá na Praza de Alfredo Brañas Lino Silva, Gogue, Lucas Míguez, María José Prado, Tino Chaves e Manolo Paz realizarán en directo un cadro cada un acompañados con música en vivo con Os Demos da Petaca e outros que se irán confirmando en datas próximas.
O rematar, os cadros serán subastados a través da páxina de facebook GaliciAME.
Poderanse puxar durante 10 días por eles e o que máis puxe será o seu propietario.
Unha vez que se adxudiquen, os puxadores terán o prazo de tres días para ingresar o diñeiro na conta de GaliciAME. Unha vez confirmado o ingreso farase a entrega dos cadros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.