Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de mayo de 2016

FESTA DA BICICLETA EN CAMBADOS








Este domingo celebrouse en Cambados a Festa da Bicicleta, unha edición marcada polas malas previsións meteorolóxicas pero na que non faltaron participantes que desafiaron os pronósticos climatolóxicos.
Aproximadamente 800 persoas déronse cita para desafiar a unha climatoloxía que finalmente ofreceu unha tregua permitindo así completar un percorrido de aproximadamente 11 quilómetros que saíu ás 11 da mañá da Praza de Fefiñáns e percorreu varias rúas do centro, dirixíndose posteriormente cara Vilariño, A Modia, Corvillón e Tragove, para regresar posteriormente a Fefiñáns.
Ao remate da ruta cicloturística, fíxose entrega dos premios  e sorteáronse cinco bicicletas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.