O que empezou coma unha curta, foi crecendo e agora quere tomar forma de longametraxe.
Dous cambadeses forman parte deste proxecto, Olga González e Ademar Silvoso.
"El Color del Miedo" é unha longametraxe que conta a historia de tres personaxes atormentados, das súas relacións e de como se conectan as súas vidas. O verde e o vermello, as cores dos medos de Federico e Valeria, veranse tinguidos dun amarelo que cubrirá toda a trama.
E agora necesitan de todos para que ese proxecto se faga real. E cómo? Pois apoiandóos económicamente na campaña de Crowdfunding.

O que xamáis podían imaxinar é todo o que aos poucos ían conseguindo e que en breves saberedes que é.
Cada día máis agradecidos con todos, polo apoio e agarimo que están a recibir.
Sabedores de que moitos aínda non confían, en que sexan capaces de lograr este reto, están a traballar duro, para non defraudar a ninguén e que esta película quede tal e como se merece, xa non só por todos os profesionais que dedicarán o seu tempo neste proxecto, senón polo o orgullo persoal e profesional.
Comparten o crowdfunding da película, onde explican todo o que será "El Color del Miedo" e ogallá vos interese formar parte deste proxecto, xa que necesitan calquera axuda para poder realizar as cousas, tal e como queren.
Como apoios destacados, Pajaruelos Cortos conta coa colaboración de ACOFIFA (Asociación Coruñesa de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple), que tras coñecer a o proxecto, decidiu colaborar co a película para colaborar a dar visibilidade á fibromalgia, enfermidade que se trata na película.
Doutra banda, contan co apoio de diferentes empresas que apoian o proxecto mediante a cesión de material para os departamentos de arte e produción.
Toda a información e como colaborar, AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.