A Policía Nacional detivo un total de 13 persoas en Santiago e outras localidades nun dispositivo policial, denominado 'Operación Banco', desenvolvido contra a venda de droga en varios puntos da capital galega.
No operativo, tamén se desmantelou a organización que surtía droga dende Ribadumia e Cambados.
Segundo informou a Policía Nacional, as investigacións comezaron o pasado mes de novembro a raíz de varias queixas veciñais pola inusual afluencia de persoas nos barrios da zona norte da cidade e permitiron descubrir diferentes "sucursais" de venda de droga noutras zonas da cidade, e mesmo nalgún concello limítrofe. Cada un dos detidos tiña atribuídas funcións específicas dentro da mesma, como o almacenamento, a distribución ou o cobro das entregas realizadas aos posteriores subministradores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.