Este vindeiro martes teremos en Cambados Pleno por partida doble.
O martes 31 de maio, ás 20:00 horas celebrarase na secretaría da casa consistorial a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte
ORDE DO DÍA:
ÚNICO.- Sorteo dos membros das mesas electorais para as eleccións a cortes xerais a celebrar o día 26 de xuño de 2016.
Asimesmo, ás 21:00 horas do mesmo día, celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municimal coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación das actas correspondentes ás sesións celebradas os días 31.03.2016 e 28.04.2016.
2. Aprobación inicial, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles.
3. Aprobación, se procede, do plan económico-financieiro 2016/2017.
4. Aprobación inicial, se procede, da ordenanza reguladora da instalación de terrazas no concello de Cambados.
5. Desafectación de terreos e vivendas anexas ao C.E.I.P. “Antonio Magariños”.
6. Desafectación do ámbito portuario e ordenación do sistema de circulación no fronte marítimo do conxunto histórico de Cambados.
7. Adhesión, se procede, do Concello de Cambados, ao convenio marco de colaboración entre a administración xeral da comunidade autónoma de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión (SIX) de residuos de pilas e acumuladores.
8. . Adhesión, se procede, do Concello de Cambados, ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Galicia e as entidades xestoras dos sistemas integrados de xestión (SIX) de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).
9. Moción do grupo municipal do Partido Popular para esixir á Deputación de Pontevedra apoio económico para a asociación Esperanza Salnés.
10. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno solicitando axuda á Xunta de Galicia para Esperanza Salnés e as demáis asociacións que atenden a persoas con discapacidade.

12. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno para adhesión ao programa de vivendas baleiras do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
13. Aprobación, se procede, do acordo do grupo de goberno sobre a construción de invernadoiros en solo rústico a raíz da entrada en vigor da nova lei do solo de Galicia 2/2016, de 10 de febreiro.
14. Dar conta do informe de intervención do período medio de pago do primeiro trimestre/2016.
15. Dar conta do informe de tesourería de morosidade do primeiro trimestre/2016.
16. Dar conta das resolucións da alcaldía.
17. Rogos e preguntas.
O pleno como é habitual poderalo seguir na web do Concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.