Este domingo, a partir das 09:00 horas, abriranse as mesas electorais e os españois maiores de 18 anos inscritos no censo electoral poderán votar polos partidos que presentas listas na súa provincia para a confección do Congreso dos Deputados e o Senado. Terán até as 20:00 horas, momento no que se pecharán as mesas e os votos depositados até este momento determinarán como se comporán as Cortes Xerais en España durante, previsiblemente, os próximos 4 anos. As sondaxes publicadas até agora só contemplan dúas eleccións posibles: unha, a vitoria axustada do bloque progresista; outra, a vitoria da suma PP e Vox, permitindo a entrada no Goberno de España da ultradereita 51 anos e 9 días despois da morte do ditador Francisco Franco, momento que marcou o fin do réxime e a chegada da democracia a España.
GOBERNO DE SÁNCHEZ
No primeiro dos escenarios, repetiríase unha situación similar á vivida en 2023, cando PP e Vox quedaron a un puñado de escanos de formar goberno. Os populares só poden acceder a Moncloa co favor de Vox, pero os votos dos de Abascal impiden que calquera outro partido da Cámara preste o seu apoio ao PP, o que os deixa illados e coa única alianza posible coa ultradereita.
Así, si a suma de PP e Vox non alcanza os 176 parlamentarios, Pedro Sánchez veríase obrigado a armar, de novo, unha maioría no Congreso que lle permita ser investido presidente e formar un goberno de progreso como o dos últimos anos. A dificultade radicaría, de novo, nos complejísimos equilibrios parlamentarios, xa que Sánchez necesitaría, con case toda seguridade, ao total de formacións presentes no parlamento sen contar aos de Feijóo e Abascal.
Precisamente esa dependencia de votos de partidos como Junts, PNV, ERC, Bildu ou BNG fixo imposible que Sánchez aprobase uns Orzamentos Xerais do Estado na última lexislatura e gobernase a base de reais decretos, con moitas dificultades para aprobar leis e propostas en sede parlamentaria. Os votos en contra dos 'Decretos Maricarmen' a finais de setembro foron os que puxeron o punto e final á anterior lexislatura e provocaron o adiante electoral.
GOBERNO DE FEIJÓO
A outra opción posible, a que contemplan a maioría de sondaxes publicadas tanto na precampaña como durante as dúas semanas de campaña electoral, é que PP e Vox conten con, polo menos, 176 actas, o que lles concedería unha maioría no Congresosin necesidade de pactar con ningún outro partido -dando por descontados os votos de UPN a Feijóo.
Isto suporía, con case toda seguridade, un goberno de coalición entre os conservadores e a ultradereita, que alcanzaría o poder en España nunha corrente populista que xa alcanzou a distintos gobernos de Europa e doutras partes do mundo. Vox chegaría ao Goberno de España apenas medio século despois da morte de Francisco Franco.
38.728.356 electores están convocados hoxe ás urnas. Serán os seus votos os que articularán o próximo Congreso dos Deputados e o Senado nas XVII eleccións democráticas no Estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.