Turismo de Galicia acaba de aprobar unha liña de axudas que conta cun importe total de 300.000 euros dos cales, 100.000, destinaranse a diversos eventos da provincia de Pontevedra, e á que poden optar tódolos municipios que organicen algunha deas 25 festas de Interese Turístico Galego nesta provincia durante o presente ano, aínda que non poderán ser obxecto de subvención as celebracións, que ademais da declaración de interese turístico autonómico, conten coa declaración de festa de interese nacional ou internacional.
En concreto, poderanse beneficiar destas axudas os concellos de Arbo, Mos, Redondela, Soutomaior, A Cañiza, Silleda, A Guarda, Tui, Moraña, As Neves, O Rosal, Cangas, Moaña, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Cambados, Vila de Cruces, Valga, A Estrada, Vigo, Salvaterra de Miño, Bueu, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.
Trátase de festas de Interese Turístico Galego, que se desenvolven ao longo de todo o ano, que se centran tanto na gastronomía local como nos produtos típicos de cada lugar e nas tradicións ancestrais e que contan cunha afluencia global de máis de 500.000 asistentes.
Aínda que a maioría se celebran no verán (a festa do Xamón de A Cañiza, a da Empanada de Bandeira, a de a Langosta en A Guarda, a do Carneiro ao Espeto de Moraña, a do viño do Rosal e a do Viño do Tea en Salvaterra, a promoción das danzas ancestrais de Darbo, Hio e San Cibrán en Cangas, a exaltación da Vieira en Cambados, a da Anguía de Valga, as de Bouzas en Vigo, e as da Ameixa en Vilagarcía e o Mexilón e o Berberecho en Vilanova), tamén as hai de inverno (como as do Requeixo e a Mel de As Neves, o entroido de Cobres en Vilaboa ou o Lacón con Grelos de Cuntis), de primavera (a Lamprea de Arbo, o Choco de Redondela, a Ostra de Soutomaior, San Telmo en Tui, a Troita de Ponte Caldelas, o Galo de Curral de Vila de Cruces, o Salmón de A Estrada ou o Millo Corvo de Bueu) e incluso de outono como a do San Martiño de Moaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.