Teatro Caracol estreou o luns a súa obra deste ano "NON TEÑO MEDO", que presenciarán uns 2.000 nenos de toda a comarca e medio milleiro de adultos nas dúas funcións do domingo próximo.Teatro Caracol é unha das compañías de teatro afeccionado máis veteranas do Salnés, se non a que máis. Os cambadeses seguen fieis á súa cita co público escolar, e curso tras curso montan un espectáculo novo. E sempre tentan sorprender, innovando xéneros e propostas escénicas. Nesta ocasión, atrevéronse cunha de "medo", fórmula que demostrou en máis dunha ocasión o seu éxito entre o público infantil.
Iso si, a directora asegura que o que máis hai en Cambados son risas.
As funcións do domingo son as 18h e 20h, ao igual que as sesións para o público escolar, no "Instituto Asorey".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.