Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de abril de 2016

PRESENTOUSE O IV CAMPIONATO GALEGO E NORTE DE ESPAÑA A.E.F.F. 2016







O próximo día 30 de abril, tras o éxito do ano pasado, o Ximnasio VitalSport de Cambados volve organizar en Cambados o Campionato Galego e Norte de España A.E.F.F. 2016, na súa IV edición e que terá lugar no AuditorioMunicipal "A Xuventude".

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial deste IV Campionato no Salón de Plenos do Concello de Cambados. A ela acudiron o Deputado Provincial Javier Dios, de Innovación e Promoción Económica, o Concelleiro de Cultura, Deportes e Portavoz Municipal Víctor Caamaño e o Concelleiro de Obras e Enoturismo José Ramón Abal, así como o Presidente de AEFF Galicia Xullo García Pampín e José Conde Calvo, organizador do evento. Tamén asistiron diferentes medios de comunicación (prensa escrita, radio e television, Canle Rias Baixas)

Un ano máis, tanto o Concello de Cambados como a Deputación de Pontevedra, apoian a este Campionato para que se poida levar a cabo na "Capital do Albariño".








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.