Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2016

O CONCELLO DE RIBADUMIA DENUNCIA O ROUBO DE DISCOS DUROS E BORRADO DE DATOS






A primeiros do presente ano 2016, con motivo dos traballos de revisión informática necesarios para a actualización da páxina web municipal e a contratación do sistema de gravación dos Plenos, o equipo de goberno do Concello de Ribadumia atopou de "maneira circunstancial" unha serie de "incidencias" nos servidores informáticos que almacenan toda a información relacionada coa xestión administrativa do Concello, motivo polo que acordou a contratación dunha auditoría do sistema a cargo de unha empresa externa.
Esta semana, logo de analizar os resultados desa auditoría e realizar todas as averiguacións oportunas, "ante a gravidade dos feitos constatados", o equipo de goberno acordou poñer en coñecemento da xustiza os mesmos, presentando a correspondente denuncia "a fin de que se aclaren as responsabilidades as que houbera lugar e se investiguen os posibles responsables dos mesmos". 
Os feitos detectados, segundo o informe da empresa auditora informática foron os seguintes:
Imposibilidade de restauración de copias de seguridade do servidor informático do Concello máis atrás do día 12 de xuño de 2015 (a pesar de que o sistema estaba programado para conservalas durante 894 días).
Sustracción dos dous discos duros de almacenamento das copias realizadas (sustituidos o 11 de xuño de 2015 non atopándose no Concello o volumen anterior).
Imposibilidade de recuperar posibles datos borrados con software de recuperación de arquivos ó ser o disco duro "sobreescrito" con carácteres hexadecimais aleatorios.

 Dende o grupo de goberno salientan que se debe ter en conta ademais que estes feitos, detectados agora, prodúcense "xusto nos días anteriores á toma de posesión da nova corporación e posteriormente ao anuncio público do pacto de goberno que ía propiciar o cambio na alcaldía". Tamén que estes servidores están situados nun cuarto "ao que soamente tiñan acceso o persoal de mantemento informático autorizado e os xestores do Concello nese momento".

Xunto coa denuncia presentouse o informe da informática realizado e solicítase que se comparezan, en calidade de investigados a anterior alcaldesa Salomé Peña Múñiz e a empresa responsable do mantemento informático do Concello.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.