Hai uns dias publicamos que AS MULLERES DO CERCO GALEGO, van facer a variante espiritual pola Ruta da Ría de Arosa do Camino de Santiago, os días 13, 14 e 15 de Maio. Prometemos dar máis información e hoxe adiantamos os dias e percorridos programados. O motivo desta peregrinación é a de rogar ao santo Compostelán que lles abra os ollos e o corazón a este goberno que os deixou á súa sorte nunha loita, na cal, só piden poder traballar para sustentar ás súas familias.....e tamén para agradecer os apoios recibidos.
VENRES DÍA 13: Saída dende a estación de trens de Pontevedra as 12:30 horas, o percorrido rematará no Monasteiro de Armenteira. Despois iremos os lugares destinados a pernoctar.
SÁBADO DÍA 14: Saída dende Armenteira ata Vilanova, onde pasaremola noite.
DOMINGO DÍA 15: Dende Vilanova colleremos o barco que nos levará ata Puentecesures, e dende alí empezar o último tramo ata Santiago de Compostela.Desde CORES DE CAMBADOS e a páxina de facebook MULLERES E HOMES DE SAN CAETANO seguiremos dando toda a información para os que esteades interesados en facer esta fermosa peregrinación.
Para informacion da ruta en Cambados poden ir o Concello e no teléfono
673533156 para inscricipción o información 8,30h a 14h a partir de mañán
martes 19 de abril.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.