Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2016

INAUGURADA A EXPOSICIÓN "ARTE & ENOTURISMO" EN RIBADUMIA









Arte e enoturismo danse a man en nunha exposición organizada por Art Iberica que conta coa colaboración da Diputación de Pontevedra. A mostra, inspirada no mundo do viño, recolle obras de artistas nacionais e internacionales como Pilar Taboada, Elohin, Francisco Lorente, José Antonio Fondevila, Carneiro, Lorem e Sergio Portela.


Os responsables de Art Ibérica deron a coñecer o martes pasado, que se trata dun movemento que busca xerar sinerxías para potenciar, dinamizar e poñer en valor os recursos a través da dinamización artística e turística. En concreto, pretende proxectar a imaxe das Rías Baixas ao mundo, creando sensacións a través de linguaxes universais coma a arte, o viño e a gastronomía.
As obras, que se poderán ver en Ribadumia a partir de hoxe, aparecen recollidas nunha publicación, titulada Art Ibérica, elaborada por traballadoras e traballadores da Deputación de Pontevedra, "servidores públicos -segundo afirmou Carmela Silva- que teñen un firme compromiso co seu traballo".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.