Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2016

A CONSELLEIRA DE PESCA OLVIDA AO CONSELLO GALEGO DE PESCA PARA FALAR DO SECTOR












Os vindeiros 3 e 4 de maio celebraranse no Hotel Congreso de Teo as xornadas O sector pesqueiro galego: trazando rumbos de futuro, organizadas pola Consellería do Mar. Nestas xornadas, que serán inauguradas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, expertos e profesionais do mundo da pesca analizarán a situación actual do sector e debaterán sobre as vías de traballo para o seu futuro, reunindo os esforzos da administración, do sector e dos científicos. As xornadas naceron a raíz da última reunión do pleno do Consello Galego de Pesca na que se analizaron os problemas que afectan ao sector marítimo-pesqueiro e á cadea mar-industria.
As xornadas consistirán en dúas sesións plenarias que se celebrarán o 3 de maio e unha comisión sectorial, que terá lugar o 4 de maio. A primeira das sesións plenarias versará sobre o principio de estabilidade relativa que rexe o reparto de cotas pesqueiras, un aspecto que é necesario abordar, tendo en conta que afecta á competitividade do sector pesqueiro galego.
Ramiro Otero Rodriguez  CC.OO


A Conselleira de Pesca teima en gobernar ó sector ó seu antollo. Unha vez mais, e van moitas, a Conselleira autoproclamase voceira do sector pesqueiro organizando unhas xornadas nas que sinala ó seu gusto ás persoas que interveñen polo Consello Galego de Pesca, non sabemos se nun intento de dinamitalo ou de asegurarse que só oirá voces amigas.
Tamén debe ser por iso polo que obvia a presenza dos representantes dos traballadores e traballadoras do sector. Equivocase a Conselleira denunciamos e denunciaremos o que consideremos inxusto. Valga como exemplo a carta que sigue.
Así non Conselleira. Así non se apoia ó sector nin se resolven os problemas.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.