Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2016

DETECTADOS OS PRIMEIROS BROTES DE MILDIU EN VIÑAS DO SALNÉS











Os técnicos da Estación Fitopatolóxica Areeirodependente da Deputación de Pontevedra, emitiron onte un aviso fitosanitario no que alertan da detección dos primeiros brotes de mildiu nas viñas do Salnés e aconsellan iniciar de xeito inminente o tratamento.
Desde Areeiro detectáronse as primeiras manchas de mildiu na parcela de seguimento de Tremoedo (O Salnés) o día 20, se ben tamén hai coñecemento doutras manchas en viñedos de Sisán e noutras localidades da mesma comarca sen confirmar polos técnicos. Segundo indica a especialista Rosa Pérez Otero, responsable do aviso, "as condicións climáticas dos últimos días facían esperar a posible aparición dos primeiros síntomas, pois á elevada humidade relativa sumáronse temperaturas nocturnas moi altas -a estación meteorolóxica de Tremoedo, da rede de MeteoGalicia, rexistrou 17º na noite do día 18 ao 19-.  Estas condicións son perfectas para a aparición e desenvolvemento do fungo". Estas circunstancias especialmente favorables ao fungo tamén se demostran co feito de que na parcela de seguimento de Areeiro algunhas manchas, que presentaban unha esporulación incipiente, chegaron a medrar en brotes da viña que non acadaban nin os 10 centímetros de lonxitude.
Ante esta situación, e aínda considerando que moitos viñedos se atopan máis atrasados, os técnicos de Areeiro aconsellan a aplicación do primeiro tratamento fronte á enfermidade. Este debe realizarse cun funxicida sistémico (que ataca o fungo desde dentro) ou penetrante (que incide localmente na zona afectada), xa que ambos adoitan levar incorporado a maiores un funxicida de contacto. No caso de viñedos con brotes, follas ou varas danados polo pedrazo ou a sarabia, o tratamento debe conter tamén "folpet", un cicatrizante que evita que entre outro tipo de fungos polas feridas da planta.  
Finalmente, os técnicos apuntan que o tratamento pode demorarse ata a aparición das primeiras manchas nos terreos nos que apenas estea despuntando a vexetación da viña, sempre e cando se realice unha vixilancia exhaustiva. Neste caso a busca dos síntomas debe centrarse na zona inferior das varas, pois é onde se pode localizar maioritariamente o mildiu a inicios da campaña.
Cabe lembrar que nesta época do ano, e coa gran cantidade de chuvia caída nos últimos días, as viñas poden presentar outras manchas relacionadas con alteracións diferentes ao mildiu, como poden ser as descoloracións simples das follas ou outros fungos. As manchas do mildiu caracterízanse por ser moi semellantes a unha mancha de aceite na face da folla -que despois deriva a un cor amarelo- e por presentar unha capa pálida branca de lanuxe no envés.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.