O auditorio de A Xuventude programa para hoxe un concerto a partir das 18,30 horas, nesta ocasión Isi Vaamonde and The New School, que ofrecerán unha actuación en directo totalmente gratuíta. Ademais de David Falcón, Rubén Igrexas, Jesús Caramés e Bruno Barreiro, integrantes habituais da banda, tamén están convidados José María Trigo (violín), Anxo Xesteira (acordeón) e Paco Charlín (baixo).
O auditorio acolle tamén mañá un festival benéfico en favor da asociación española de loita contra o cancro (AECC). O evento está organizado pola xunta local de Cambados e comezará a partir das 20,30 horas e a súa entrada será totalmente gratuíta. A achega será voluntaria por parte daqueles que se acheguen a gozar do espectáculo á Xuventude.Esta previsto que no concerto participen os grupos Take it Easy, formado por Pablo Costa, Santiago Martínez e un grupo músico vocal e por Mornura, banda integrada na asociación Nin fu nin fa de Cangas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.