Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de abril de 2016

APROBACIÓN DEFINITIVA REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS









O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 28.01.2016, acordou aprobar inicialmente o Regulamento de Réxime Interno da Piscina Municipal de Cambados; exposto ó público o expediente, e non téndose presentado contra o mesmo reclamación ou alegación algunha, elevase a definitivo o acordo ata entón provisional, publicándose o seu texto íntegro no BOPPO para o seu coñecemento.

obxecto do presente Regulamento, regular o funcionamento, uso e desfrute da Piscina Municipal de Cambados.
—Ditas instalacións creáronse coa intención de fomentar o deporte e a educación física e procurar o desenvolvemento integral das persoas, e co gallo de obter o mellor funcionamento e a maior economía para o Concello.
—O presente servizo prestarase polo sistema de xestión indirecta, mediante concesión de servizo público, ata que se acorde pola Corporación o cambio na forma de xestión.
—O presente Regulamento terá por obxecto facilitar ao usuario/a que cumpra os requisitos establecidos na normativa de acceso ás instalacións e determinar a que servizos ten dereito.
—No non previsto no presente Regulamento Regulador do Servizo rexerá o disposto en:
Regulamento sanitario das piscinas de uso colectivo a nivel estatal e/ou autonómico.
—E en aquelas outras normas aprobadas polo Concello. 
* Anteproxecto de explotación da Piscina Climatizada Municipal de Cambados.
* Prego de cláusulas administrativas particulares.
* A ordenanza municipal correspondente.
Calquera modificación respecto á presente normativa, será comunicada aos usuarios coa suficiente antelación.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.