Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2016

A POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS XA ESTÁ EN FACEBOOK






O novo Xefe da Policía Local de Cambados prometera acercar este corpo aos cidadáns e unha maneira era a creación de perfís nas redes sociais.
Pois non hai máis de 20 minutos que  a Policía Local cambadesa conta cun perfil en facebook.

Policía Local de Cambados



A Policía Local de Cambados conta desde fai uns dias
co novo oficial, Adolfo Suárez Piñeiro, que chega á vila do albariño con ganas de achegar a súa experiencia de 23 anos no corpo como axente e oficial da Policía Local en Nigrán. Suárez, de 42 anos de idade, conta, ademais, cunha gran formación, xa que ademais dos cursos realizados na Academia Galega de Seguridade, é diplomado en criminología pola Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias Policiais pola de Vigo. A iso hai que engadir coñecementos amplos en educación viaria, operativos policiais de loita contra a violencia de xénero ou novas tecnoloxías entre outras moitas cuestións.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.