Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2016

A BIBLIOTECA LUÍS REI RECIBE O PREMIO FUNDACIÓN BIBLIOTECA SOCIAL










O 1 de marzo 2016 o Xurado valorou como "Mellor proxecto" ao denominado !CANTO CONTA CAMBADOS!, presentado pola biblioteca Municipal Luís Rei de Cambados. Segundo o Xurado, trátase dun proxecto de natureza holística (que considera algo como un todo), global, ben orquestrado e con recursos razoables, que colabora "coa comunidade", "non para a comunidade", tratando de que a biblioteca e o libro acudan onde se acha a vida, non á inversa. Facilita cohesión social e cidadá ao eliminar fronteiras de destinatarios -veñan de onde veñan-, normaliza ao usuario con discapacidade, actúa coa proximidade e a reivindicación lingüística, de forma que a cultura e o libro deveñen en instrumentos de pertenza, participación cidadá e transformación.


E hoxe tivo lugar a entrega do Premio

O premio consiste en 1.200 euros en metálico para a compra de material e seguir realizando actividades, ademáis da grabación do vídeo do proxecto presentado.

Durante o acto de entrega do galardón estiveron presentes na Biblioteca Municipal tres  membros da
Fundación catalana, e representantes dos colectivos sociais que traballaron no proxecto como o colexio de San Tomé, o Refuxio de Animais de Cambados, A Asociación Por Dereito, Guimatur ou Cruz Vermella, así como a alcaldesa Fátima Abal, e os concelleiros Víctor Caamaño, José Ramón Abal e Xurxo Charlín.
O Concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, amosou a súa satisfacción polo galardón recibido e polo traballo realizado polos técnicos de Cultura do Concello, sen esquecerse de todos os colectivos implicados.
A técnica do departamento, María Vázquez, foi quen explicou o proxecto realizado.
Chama a atención que non estivera presente ningún representante da anterior goberno municipal, despois de que onte saliran en todos os medios destacando que foran eles quenes arrancaran co proxecto.

Fundación Biblioteca Social a través de twitter e facebook dou a coñecer este galardón a toda España.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.