Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de abril de 2016

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A PEREGRINACIÓN DA XENTE DO MAR A SANTIAGO







Hai uns dias publicamos que AS MULLERES DO CERCO GALEGO, van facer a variante espiritual pola Ruta da Ría de Arosa do Camino de Santiago, os días 13, 14 e 15 de Maio. Seguimos a recibir máis información e adiantamos máis detalles dos percorridos. 
O motivo desta peregrinación é a de  rogar ao  santo Compostelán que lles abra os ollos e o corazón a este goberno que os deixou á súa sorte nunha loita, na cal, só piden poder traballar para sustentar ás súas familias.....e tamén para agradecer os apoios recibidos.


A variante espiritual une dous Camiños Xacobeos: o Camiño Portugués e o Camiño denominado ""Ruta do Mar"".

Consiste en seguir o mesmo traxecto que fixaron os restos do Apóstol na súa viaxe a Compostela, restos que chegaron as costas galegas entrando polo mar de Arousa e despois subindo polo cauce do río Ulla ata alcanzar Santiago de Compostela.

1°ETAPA~~PONTEVEDRA-ARMENTEIRA. (19,65 Km)
Saída de Pontevedra hacia Armenteira pola ruta real do Padre Sarmiento, seguido por Compañó, Mosteiro de Poio, Combarro, Virxen da Renda, Petróglifos do Monte Castrove en Meis e finalizando en Armenteira, no monasteiro.

2°ETAPA~~ARMENTEIRA-VILANOVA. (23,60Km)
Dende Armenteira ata Vilanova de Arousa, pola Ruta da Pedra e a auga, Muíños de Barrantes, Sendeiro do Umia de Ribadumia a Pontearnelas, Oubiña, Tremoedo, O Terrón e chegada a Vilanova de Arousa.

3°ETAPA~~VILANOVA DE AROUSA-SANTIAGO DE COMPOSTELA. (15 millas naúticas e 26 km a pé)
Comenzarase co percorrido polo Ulla, como fixeran os restos do Apóstol. A continuación camiñando os 26 km que separan Pontecesures onde se desembarcará, ata Santiago de Compostela, uníndo neste último traxecto co Camiño Portugués.


Lembrade!!

Para informacion da ruta  en Cambados poden ir o Concello  e no teléfono 

673533156 para  inscricipción o información 8,30h a 14h  desde o  martes 19 

de abril. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.