Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de marzo de 2016

RECITAL POÉTICO "A SALITRE EN VERBAS"








Hoxe sábado día 26 as 19:30 horas no salón de Actos de Exposalnés terá lugar un recital cheo ate os topes de salitre. O mar como tema principal da man dun mariñeiro da Galiza Xosé Iglesias e dunha peixeira de Cambados namorada da súa profesión , Mari Sanmar. Presentará o acto un ilustre membro da RAG, o cambadés Francisco Fernández Rei , que como é ben sabido tamén leva o mar moi nos adentros¡¡



Xosé Iglesias



Francisco Fernández Rei, nado en Fefiñáns (Cambados) o 30 de novembro de 1952, fillo de mariñeiro e peixeira, é un filólogo galego. Exerce a docencia na USC, sendo catedrático de Filoloxía Románica desde 1992.

Relizou a carreira de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a licenciatura en 1974.


Desde 1973 forma parte do Instituto da Lingua Galega (ILG), como investigador e membro do equipo de redacción do Atlas Lingüístico Galego e como responsábel do Arquivo do Galego Oral que posúe este centro. Dentro dos eidos de actuación do ILG traballou, así mesmo, como corredactor das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego en 1977, que constituirían os alicerces das que se aprobaron en 1988.

A parte da súa actividade no ILG, Francisco Fernández Rei colabora tamén con numerosas asociacións e entidades relacionadas con diferentes linguas románicas, especialmente o galego. En 1978 participou na fundación de Escola Aberta e en 1984 contribuíu á creación da Asociación de Tradutores Galegos. É membro, así mesmo, do comité científico da Sociedade Internacional de Limba Sarda, do plenario do Consello da Cultura Galega en representación do ILG, do Padroado da Fundación Sotelo Blanco, do Museo de Antropoloxía, do Museo do Pobo Galego e da comisión da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias.

Tamén hai que destacar a súa participación en distintos encontros e congresos sobre o galego e outras linguas románicas minorizadas e ten publicado artigos en diferentes revistas culturais galegas, como A Trabe de Ouro, Revista da Filoloxía Románica, Cadernos da Lingua ou Grial.


Fernández Rei é conselleiro do Consello d'a Fabla Aragonesa e membro numerario da Real Academia Galega.

Mari Sanmar


Filla, neta, muller e nora do mar. Toda a vida adicada ao mar. Actualmente traballa vendendo peixe e mariscos na Plaza de Abastos de Cambados.
Unha mariñeira-pensadora....











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.