Semella que o PP non ten moita experiencia na oposición, razón pola cal adoita afirmar cuestións que deixan en evidencia a súa anterior xestión como goberno municipal. A media maratón Maralba 2014 custoulle ao concello de Cambados 17.484´75 € (e, por suposto, neste prezo non se inclúen nin as horas extras pagadas ao persoal do concello que traballou ese domingo nin o aluguer de valados metálicos utilizados na zona urbana de Cambados para a delimitación da proba), pero iso non foi o máis grave do asunto. O que realmente resulta inaceptable e que Luís Aragunde, no ano 2014, cando se embarcou nesta aventura, non pediu ningunha memoria económica do que lle (“nos”) ía custar esta proba atlética; simplemente decidiuno “sen reparar en gastos”.
Coa chegada do novo goberno municipal, deixouse claro que Cambados non pode permitirse ese “derroche”; nin co goberno actual nin co anterior. Así que agora, escoitarlle dicir a Aragunde que perdemos unha gran oportunidade por non organizar a Maralba deste ano semella que, polo menos, esta afirmación non a reflexionou nin a valorou axeitadamente, simplemente foi a nota de prensa do PP para o domingo pasado.

E mentres o PP “derrochaba”, como neste caso, cartos sen criterio nunha proba de atletismo, esquecíase de que as instalacións deportivas, a parte de inauguralas había que mantelas e conservalas. Que o pavillón do Pombal mete auga, que a superficie da pista de atletismo está che de buratos e hai que arranxala, que os paneis solares non funcionaban na súa maioría ou que os campos de herba artificial tamén hai que mantelos periodicamente. E o actual goberno municipal ten moi en conta as prioridades deportivas do noso concello e por iso, estes días está a facer o mantemento dos campos de herba artificial (no campo posterior xamais se fixera

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.